Identificación de "Torona" (Resumo dunha comunicación ao Congreso de Jóvenes Filólogos: Edición y anotación de textos, Universidade da Coruña - Asociación Galega de Hispanistas, A Coruña 25-28 setembro de 1996; actas en prensa) A intención desta comunicación non é a de establecer o texto dunha composición, senón máis ben a de propoñer unha pequena anotación que podería axudar ao futuro editor. Preténdese chamar a atención sobre certas coincidencias: as que se dan entre un trobador portugués, un texto case que hermético e algúns topónimos galegos. A pasaxe que nos interesa é o inicio da canción "Ala uuaz que la torona", a única que coñecemos atribuída ao nobre portugués D. Garcia Mendez de Eixo, presente na corte de Sancho I a finais do século XII, e falecido con seguridade no 1239 -pois así consta na súa sepultura do mosteiro de Alcobaça-: Ala uuaz que la Torona D. Garcia Mendez de Eixo pertencía á familia dos Sousas, de grande importancia na corte portuguesa, e casou con Elvira Gonçalvez, filla de D. Gonçalo Paez de Toronho, como di o nobiliario do conde de Barcelos: "F (de D10) 11. DE DOM GARCIA MEENDEZ DE SOUSA E DOS QUE DEL DECENDEROM. Este dom Garcia Meendez foi casado com dona Elvira Gonçalvez, filha de dom Gonçalo Paaez de Toronho, filho de dom Paai Curvo, como se mostra no titulo XVI, parafro 50, e fez em ela o conde dom Gonçalo Garcia e dom Meem Garcia e dom Joham Garcia, o // Pinto, e dom Fernam Garcia Esgaravhunha, o que trobou bem, e dom Pero Garcia Albouia e dona Maria Garcia." 1 ...polo tanto
foi o pai, ademais de de Esgaravunha, do autor da canción B455 que segue
inmediatamente no apógrafo italiano a "Ala uuaz que la torona".
O único texto conservado do noso autor é xa de partida un misterio, pois nin tan sequera a lingua aprovenzada na que está escrito puido ser definida con exactitude: Michaëlis chamouna "lemosino catalanesco"3 . Trátase dunha composición de dezaoito versos -distribuídos 7+7+4- quizais incompleta, susceptible de lecturas diverxentes en función do modelo lingüístico de partida. A canción foi transmitida unicamente polo cancioneiro 10990 da Biblioteca Nacional de Lisboa, o célebre Colocci-Brancuti (B), co número 454, e ten sido obxecto de estudio en varias ocasións a causa da súa famosa rúbrica "esta cantiga foy feita a Roy de Spanha"; correspóndese no Cancioneiro da Vaticana (V) co inicio dunha lacuna que afecta tamén a B455, e parcialmente ás cancións de Alfonso X. Esta ausencia non debe estrañarnos, xa que -en palabras de A. Ferrari- o copista esteta de V abominaría dun texto escrito aparentemente en provenzal. Carolina Michaëlis xa propuxo como sentido xeral da composición o da añoranza do autor polo seu señorío de Sousa, o cal remitiría ao seu exilio como causa última. A lectura meramente biográfica do texto poético -tan habitual naquela estudiosa- pode resultar hoxe pouco defendible, pero no caso que nos ocupa as coincidencias da vida e a literatura son ben manifestas. A rima dos versos 3 e 7 da primeira estrofa, e 1-3-7 da segunda obriga a restituír en "torona" a lección "torana" do cancioneiro. A edición dos Machado presenta unha lectura moi pouco clarificadora, propoñendo, para o primeiro verso,"Ala u vaz que la Torona" 4. Torona podería ser ben dona Elvira mesma (filla do señor de Toronho), ou ben o seu territorio de orixe. En ningún caso Tours ou Touraine como J.-M. d'Heur suxeriu -con certa xorna, queremos pensar-, no medio dunha argumentación que o leva finalmente a desbotar unha tal solución: o autor propón finalmente que o verso se lea "A la mazo on es la corona"(p.95 e n.7); para o resto da composición a liberalidade na lectura é a mesma, polo que o resultado final semella, cando menos, extravagante 5. No verso 4 a palabra en posición de rima pode ser chans ('champs') ou chaus ; calquera das solucións é aceptable se entendemos quites como 'ceibos,liberados'. En función da escolla que fagamos para o cuarto verso, o final do segundo será tans ('tanz') ou taus (='talz'). Dona Elvira podería ser, pois, "a Torona", e mesmo é posible pensar que o territorio de onde era orixinaria (Toronho) puido se-lo lugar, ou un dos lugares, onde D. Garcia se acolleu durante o seu exilio, de cerca de seis anos, rematado en 1217. Resende de Oliveira indica a súa sospeita de que esta canción puido ser composta en Galiza, baseándose na extrañeza da palabra torona se esta composiçao foi composta na Galiza -regiao para onde poderá remeter a eventual mençao, no seu primeiro verso, a "Torona" (?)- (...) (AR de Oliveira, A caminho da Galiza..., p.258) A pesar do descoñecemento
por parte dos críticos do significado deste topónimo (nomeadamente os
Machado e J.-M. D'Heur), o certo é que diferentes historiadores galegos
teñen falado de Toroño coma un territorio que corresponder Sen embargo, o seu centro económico e espiritual debeu ser o mosteiro de Santa María de Oia, como o demostra a doazón de Alfonso VII ao mosteiro de "...totum hoc quod ad me iure regio pertinet in terra de TORONIO..." (Flórez, Espað1a Sagrada XXII, p.264-5). Preto do mosteiro está aínda hoxe o lugar de Torroña, que sobrepasa o centenar de habitantes e pertence á parroquia de Burgueira, tamén no concello de Oia. O nome deste lugar é o único que nos plantea dúbidas sobre a identificación da "Torona" na cantiga de Garcia Mendez de Eixo: o señor de Sousa podería estar a falar tanto da súa esposa, filla do conde de Toroño, coma do lugar chamado Torroña, aínda que non de Toroño (que sería o nome dun territorio moito maior). Posiblemente sexa esta Torroña -enclavada no antigo Toronium- a que explique o outro topónimo: *tor debería indicar altura ou monte, e Torroña preside a serra da Groba a seiscentos metros de altitude; o mosteiro, a menos de dous quilómetros, está construído na mesma ribeira do océano, polo que a impresión de elevación resulta moito maior. Tivemos ocasión,
noutro lugar, de tratar este mesmo asunto, e de relacionar ao señor de
Toroño cun antepasado galego (D.Paio Curvo), que o sería ao tempo de dona
Guiomar Afonso Gata, a dama cantada por Roy Queimadoper 6. Os estudiosos
da nosa lírica adoitan indicar a orixe galega de dona Elvira Gonçalvez
porque seu pai aparece citado nos nobiliarios como o fillo deste "dom
Paai Curvo de Toronho, em Galiza" "Respecto a la identificación de Turonio; parece corresponder al Turoquia del Itinerario de Antonino, cuarta mansión de la vía de Braga a Astorga, entre Burbida y Aquis Celenis. En los documentos medievales, según SAMPEDRO, (CASTO) se registra en los del Monasterio de Oya en las formas: Turonio, Turoneo, Toronio y Toroño; con más frecuencia Turonio (...)" ...o cal quere dicir que a nosa identificación con Oia e o Baixo Miño non andaba descamiñada. E a propósito dos documentos do mosteiro de Santa María de Oia, engade: "En algunos se menciona el castillo o fortaleza de Santa Elena de Toroña. Según Flórez corresponde a Torroña, a una legua del Monasterio y tres de Tuy." (C. Torres, El reino de los suevos, p. 91, n. 154). Santa Helena aparece tamén en documentos da catedral de Tui de 1106 e 1142 (Pallares-Portela, El Bajo Valle del Miño..., p.119 e p.29 n.13, respectivamente). De maneira que en Torroña, lugar elevado, debeu existir unha fortaleza. Se Torroña está no antigo Toroño, e se D. Gonçalo Paez, sogro do trobador, foi o señor de "Toronho", non parece demasiado temerario deducir que o desaparecido castelo de Santa Helena foi o seu solar. Talvez, incluso, o lugar onde don Garcia Mendez de Eixo cantou a añoranza das súas terras de Sousa. 1Mattoso (ed.),
Livro de Linhagens..., vol. 1, p.274-5. *** D'Heur, Troubadours d'oc... = Jean-Marie d'Heur, Troubadours d'oc et troubadours galiciens-portugais, Fundação Calouste Gulbenkian, Centro Cultural Português, Paris 1973. E. Paxeco Machado - J.P. Machado, Cancioneiro da Biblioteca Nacional... = E. Paxeco Machado - J.P. Machado, Cancioneiro da Biblioteca Nacional, antigo Colocci-Brancuti, Lisboa 1950. Mattoso (ed.), Livro de Linhagens... = José Mattoso (ed.), Livro de Linhagens do conde D. Pedro, Edição crítica por José Mattoso, Portugaliæ Monumenta Historica vol. II 1/2, Acad 'emia das Ciências de Lisboa, Lisboa 1980. A. Resende de Oliveira, "A caminho da Galiza..." = António Resende de Oliveira, "A caminho da Galiza. Sobre as primeiras composições em galego-português", O Cantar dos Trobadores (Actas do Congreso celebrado en Santiago de Compostela entre os días 26 e 29 de abril de 1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 1993, pp. 249-261. *A.R. de Oliveira, Depois do espectáculo... = António Resende de Oliveira, Depois do espectáculo trovadoresco ****** M. C. Pallares - E. Portela, El Bajo Valle del Miño... = Mª del Carmen Pallares Méndez - Ermelindo Portela Silva, El Bajo Valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía agraria y estructura social, Universidad de Santiago de Compostela 1971. E. Portela, La colonización cisterciense... = Ermelindo Portela Silva, La colonización cisterciense en Galicia (1142-1250), Universidad de Santiago de Compostela 1981. C. Torres, El reino de los suevos... = Casimiro Torres Rodríguez, El reino de los suevos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1977. Carlos Pérez Varela
|
|